Monday 29 de April de 2024

A alcaldesa de Vimianzo traslada na comisión da FEGAMP as súas preocupacións para mellorar servizos esenciais no municipio


Entre os temas que trasladou a rexedora, atópanse os campamentos de verán e a guardería, as festas populares e os mercados ao aire libre que se celebran cada xoves en Vimianzo.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, trasladou esta mañá na comisión da FEGAMP celebrada de xeito telemático, as súas preocupacións para mellorar servizos esenciais no municipio.
Entre os temas que están na axenda da rexedora vimiancesa, fíxose especial fincapé nos campamentos de verán para a posibilidade de establecer a conciliación, así como o servizo de guardería, as festas populares e os mercados ao aire libre que se celebran cada xoves en Vimianzo, e para o que xa se pediron
protocolos de actuación.
Un novo horizonte está preto de chegar, que é esa ‘nova normalidade’ á que aluden as autoridades competentes en materia de sanidade. Na axenda da alcaldesa están estes temas, de especial preocupación xa que requiren unha resolución de carácter inminente, e con este obxectivo se está xestionando a axenda.
Adhesión dun convenio coa Aula CeMIT
Ademais, desde o Concello de Vimianzo asinou hoxe un convenio coa Aula CeMIT para poder realizar os exames de universidade neste espazo, polo que Mónica Rodríguez tamén está establecendo contacto co sector educativo e poder empregar este espazo para as probas de titulación universitaria oficial.
A alcaldesa de Vimianzo destaca a “celeridade coa que debemos tramitar as accións que marquen o noso futuro máis inmediato”, na que salienta que “hai que sumarlle a esta fórmula moita prudencia, xa que todavía non estamos libres do virus e hai que ter cautela”, destacou.